Friday 26 de April de 2024

Máis de 300 persoas participan nas actividades deportivas e culturais de verán en Cariño


• A actividade de balonmán, que se realiza en colaboración co Club Balonmán Viveiro e a través do plan Corresponsables, está a ser un éxito e conta con 28 persoas rexistradas.

• Unha das opcións máis demandadas son os campamentos urbanos de conciliación, que levan a cabo polas mañás no colexio.

Máis de 300 persoas participan nas actividades deportivas e culturais que o Concello de Cariño programou para este verán, que comezaron o 4 de xullo e finalizarán o 2 de setembro.

No caso das actividades deportivas, hai opcións como patinaxe, tenis, balonmán, baloncesto ou fútbol sala. Doutra banda, nas culturais, os participantes poderán optar por xogos ao aire libre, baile e música, talleres creativos ou clases de cociña.

Ademais, leva a cabo unha actividade de andaina os martes de 10 a 11:55 horas para os nenos e nenas nacidos do 2006 ao 2009 e os venres, no mesmo horario, para os nenos e nenas nacidos do 2010 ao 2013.

No caso da actividade de balonmán, que se realiza en colaboración co Club Balonmán Viveiro e a través do plan Corresponsables da Xunta de Galicia, está a ser todo un éxito. Conta con 28 persoas rexistradas que, todos os martes e venres, divídense en dúas quendas: un para os nenos e nenas nacidos entre os anos 2008 e 2011 e outro para os nados entre 2012 e 2015.

Doutra banda, unha das opcións máis demandadas, como vén sendo habitual, son os campamentos urbanos de conciliación, dirixidos a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e que levan a cabo de 9:30 a 14:30 horas no CEIP Manuel Fraga Iribarne.